nova-rebolaxe/letras/eu-teño-un-canciño.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

976 B

+++ title = "Eu teño un canciño" description = "" tags = [ "rumba", "rebolaxe", "canciño", ] date = "14-09-2021" categories = [ "Letras", "rumba", ] menu = "main" +++

Eu teño un canciño

Eu teño un canciño, que ven da Caosa,
e baila o fandango ben, ben, ben (2bis)
cunha perna sola.

Eu teño un canciño, que baila abofé,
e baila a muiñeira ben, ben, ben (2bis)
na punta do pé.

Eu teño un canciño, ten o pelo branco,
cando está cansado ben, ben, ben (2bis)
séntase nun banco.

Eu teño un canciño, miña nai ten tres,
o mais pequeniño ben, ben, ben (2bis)
vai no San Andrés.

Eu teño un canciño, que veu da marola
que baila a muiñeira en san Antón
cunha perna sóa meu corazón
cando vai pra diante marca o compás
e leva no rabo o chascarraschás.

Que baila a muiñeira en San Antón
debaixo da saia meu corazón
cando vai pra diante marca o compás
e leva no rabo o chascarraschás.