+++ title = "Eu teño un canciño" description = "" tags = [ "rumba", "rebolaxe", "canciño", ] date = "14-09-2021" categories = [ "Letras", "rumba", ] menu = "main" +++ # Eu teño un canciño Eu teño un canciño, que ven da Caosa, e baila o fandango ben, ben, ben (2bis) cunha perna sola. Eu teño un canciño, que baila abofé, e baila a muiñeira ben, ben, ben (2bis) na punta do pé. Eu teño un canciño, ten o pelo branco, cando está cansado ben, ben, ben (2bis) séntase nun banco. Eu teño un canciño, miña nai ten tres, o mais pequeniño ben, ben, ben (2bis) vai no San Andrés. Eu teño un canciño, que veu da marola que baila a muiñeira en san Antón cunha perna sóa meu corazón cando vai pra diante marca o compás e leva no rabo o chascarraschás. Que baila a muiñeira en San Antón debaixo da saia meu corazón cando vai pra diante marca o compás e leva no rabo o chascarraschás.