1.3 KiB
+++ title = "Congostro" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "01-12-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++
Congostro
Por "eiqui" vai un camiño,
por "eiqui" vai un carreiro,
por "eiqui" vai un camiño
á porta do fiadeiro
á porta do fiadeiro (bis)
por "eiqui" vai un camiño
por "eiqui" vai un carreiro
Anda meu amore
"vamos" a bailare
que teño un segredo
quérocho contare(x3)
anda meu amore
vamos a bailare
Á porta do fiadeiro
hai unha pedra rachada
onde se sentan as mozas
a bota-la parrafada
a bota-la parrafada (bis)
á porta do fiadeiro
hai unha pedra rachada
Anda...
Á porta do fiadeiro
hai unha pedra redonda
onde se sentan os mozos
cando che veñen da ronda
cando che veñen da ronda (bis)
á porta do fiadeiro
hai unha pedra redonda
Anda...
Aquel que anda no baile
ten un bailar cereixeiro(?)
por moitas voltas que da-e
nunca lle roxe o dineiro
nunca lle roxe o diñeiro (bis)
Aquel que anda no baile
ten un bailar cereixeiro(?)
Anda...
Aquela que anda no baile
caramba que baila ben
debe de ser moi garbosa
porque de casta lle ven-he
porque de casta lle ven-he (bis)
aquela que anda no baile
caramba que baila ben-he
Anda...