+++ title = "Congostro" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "01-12-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # Congostro Por "eiqui" vai un camiño, por "eiqui" vai un carreiro, por "eiqui" vai un camiño á porta do fiadeiro á porta do fiadeiro (bis) por "eiqui" vai un camiño por "eiqui" vai un carreiro *Anda meu amore "vamos" a bailare que teño un segredo quérocho contare(x3) anda meu amore vamos a bailare* Á porta do fiadeiro hai unha pedra rachada onde se sentan as mozas a bota-la parrafada a bota-la parrafada (bis) á porta do fiadeiro hai unha pedra rachada *Anda...* Á porta do fiadeiro hai unha pedra redonda onde se sentan os mozos cando che veñen da ronda cando che veñen da ronda (bis) á porta do fiadeiro hai unha pedra redonda *Anda...* Aquel que anda no baile ten un bailar cereixeiro(?) por moitas voltas que da-e nunca lle roxe o dineiro nunca lle roxe o diñeiro (bis) Aquel que anda no baile ten un bailar cereixeiro(?) *Anda...* Aquela que anda no baile caramba que baila ben debe de ser moi garbosa porque de casta lle ven-he porque de casta lle ven-he (bis) aquela que anda no baile caramba que baila ben-he *Anda...*