1.5 KiB
+++ title = "Ruada da Chamosa" description = "" tags = ( "rebolaxe", ) date = "15-09-2021" categories = ( "Letras", ) menu = "main" +++
Ruada da Chamosa
E asubían na Areosa (BIS)
Son os mozos de Castrelo que van á rúa Chamosa. (BIS)
Inda habés vir aquí hoxe rabadeiras e quintelas.
Tamén quedaron de vir-e da Graña de Cabanelas. (BIS)
Ti que tes María? Ti que demo tes?
Gastachelos cartos e agora nos tes,
e agora nos tes, e agora nos tes.
Ti que tes María? Ti que demo tes?
Se soubera Manoliño que ti viñas á ruada.
Cunha vasoira de pallas, barreríache a xiada.) (BIS)
Viva quen agora chega! E quen agora chegou-e!
Estaba pra min moi lonxe e agora xa non me vou-e. (BIS)
Rompéronlle a saia
na casa quedou,
polo mor da saia tundas que levou (BIS)
e as que a de levar,
rompéronlle a saia na beira do mar.
Sei tocar a pandeireta e mais a pandeiretiña.
E mais o pano de seda que me dou miña madriña. (BIS)
Cantade todos a unha (BIS)
Que o cantar-e eo bailar-e non é deshonra ningunha. (BIS)
Arriba Casilda! Que queres Manuel?
Castañas asadas
e viño con mel. (2BIS)
Arriba Casilda! Que queres Manuel?
Neste lugar non hai homes. Aturuxan as mulleres.
E os poucos homes que hai, son pra rabos de culleres. (BIS)
E as mociñas que eiquí estan-e, todas ten as pernas tortas.
Unhas serven para beacas e outras para trancar as portas. (BIS)
Ahí vai Antoniño,
deixalo pasar
que vai ver as nenas do outro lugar (2BIS)
e o diaño da vella non quere apartar