+++ title = "Ruada da Chamosa" description = "" tags = ( "rebolaxe", ) date = "15-09-2021" categories = ( "Letras", ) menu = "main" +++ # Ruada da Chamosa E asubían na Areosa (BIS) Son os mozos de Castrelo que van á rúa Chamosa. (BIS) Inda habés vir aquí hoxe rabadeiras e quintelas. Tamén quedaron de vir-e da Graña de Cabanelas. (BIS) Ti que tes María? Ti que demo tes? Gastachelos cartos e agora nos tes, e agora nos tes, e agora nos tes. Ti que tes María? Ti que demo tes? Se soubera Manoliño que ti viñas á ruada. Cunha vasoira de pallas, barreríache a xiada.) (BIS) Viva quen agora chega! E quen agora chegou-e! Estaba pra min moi lonxe e agora xa non me vou-e. (BIS) Rompéronlle a saia na casa quedou, polo mor da saia tundas que levou (BIS) e as que a de levar, rompéronlle a saia na beira do mar. Sei tocar a pandeireta e mais a pandeiretiña. E mais o pano de seda que me dou miña madriña. (BIS) Cantade todos a unha (BIS) Que o cantar-e eo bailar-e non é deshonra ningunha. (BIS) Arriba Casilda! Que queres Manuel? Castañas asadas e viño con mel. (2BIS) Arriba Casilda! Que queres Manuel? Neste lugar non hai homes. Aturuxan as mulleres. E os poucos homes que hai, son pra rabos de culleres. (BIS) E as mociñas que eiquí estan-e, todas ten as pernas tortas. Unhas serven para beacas e outras para trancar as portas. (BIS) Ahí vai Antoniño, deixalo pasar que vai ver as nenas do outro lugar (2BIS) e o diaño da vella non quere apartar