nova-rebolaxe/letras/catro-vellos-mariñeiros.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

728 B

+++ title = "Catro vellos mariñeiros" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++

Catro vellos mariñeiros

Catro vellos mariñeiros, (bis)
todos metidos nun bote.
Boga, boga, mariñeiro,
vamos pra Viveiro,
xa se ve San Roque. (bis)

Ailalelo  ai lalalelo
ailalelo ai lalala
ailalelo ai lalalelo ai lalalelo ai lalalá (bis)

Os mariñeiros traballan (bis)
de noite coa luz da lúa.
Dá gusto velos chegare
pola mañá cedo
cheirando a frescura. (bis)

Ailalelo…

Traio sardiña e bocarte (bis) 
tamén xurelo pequeno
Rapaciña de Viveiro
ven buscar o lote
do teu mariñeiro (bis)

Ailalelo…