+++ title = "Catro vellos mariñeiros" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # Catro vellos mariñeiros Catro vellos mariñeiros, (bis) todos metidos nun bote. Boga, boga, mariñeiro, vamos pra Viveiro, xa se ve San Roque. (bis) *Ailalelo  ai lalalelo ailalelo ai lalala ailalelo ai lalalelo ai lalalelo ai lalalá (bis)* Os mariñeiros traballan (bis) de noite coa luz da lúa. Dá gusto velos chegare pola mañá cedo cheirando a frescura. (bis) *Ailalelo…* Traio sardiña e bocarte (bis)  tamén xurelo pequeno Rapaciña de Viveiro ven buscar o lote do teu mariñeiro (bis) *Ailalelo…*