nova-rebolaxe/letras/amor-en-rianxo.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

1.7 KiB

+++ title = "Teño un amor en Rianxo" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "06-12-2022" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++

Teño un amor en Rianxo (Cambados)

Teño un amor en Rianxo (Cambados) e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,
teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,
teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa,
lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores
pró meu amor rianxeiro ( 3 veces)
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Vai pola noite a escoitar.
Cando vaias a Rianxo vai pola note a escoitar
as estrelas e a lúa os biquiños que se dan; ( 3 veces)
cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitar.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Collín a dorna en Rianxo
Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría,
da terra de Castelao á de Cela e Rosalía,
á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía,
collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría.

Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que co vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.