+++ title = "Teño un amor en Rianxo" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "06-12-2022" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # Teño un amor en Rianxo (Cambados) Teño un amor en Rianxo (Cambados) e outro en Vilagarcía, para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría, teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía. Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que co vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar. Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro unha cartiña de amores pró meu amor rianxeiro ( 3 veces) gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro. Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que co vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar. Vai pola noite a escoitar. Cando vaias a Rianxo vai pola note a escoitar as estrelas e a lúa os biquiños que se dan; ( 3 veces) cando vaias a Rianxo vai pola noite a escoitar. Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que co vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar. Collín a dorna en Rianxo Collín a dorna en Rianxo, fun a Padrón pola Ría, da terra de Castelao á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía, á de Cela e Rosalía, collín a dorna e Rianxo, fun a Padrón pola Ría. Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar, que co vento mareiro dá mellor navegar. Se navegas pola ría de Rianxo verás as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.