nova-rebolaxe/letras/pousa.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

794 B

+++ title = "Pousa, pousa" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++

Pousa, pousa

Fun á taberna do meu compadre,
fun polo vento e vin polo aire (bis)
E como é cousa de encantamento
fun polo aire e vin polo vento. (bis)

E pousa, pousa, pousa,
e non me toques naquela cousa
e pousa, pousa axiña,
e non me toques naquela cousiña. (bis)

Murmuraban as miñas veciñas
que eu andaba co crego nas viñas (bis)
Iso é verdá, eu non o nego,
que eu andiven na viña co crego. (bis)

E pousa, pousa...

Cando me case xa teño un galo,
xa miña nai non me ten que dalo (bis)
Cando me case xa teño un polo,
xa miña nai non me ten que dar todo. (bis)

E pousa, pousa...