1000 B
+++ title = "Para vir a xunta min" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++
Para vir a xunta min
Para vir a xunta min,
para vir a xunta min,
vai lava-la cara, vai lava-la cara, vai lava-la cara galopín!
Miña nai por me casare,
ofreceume canto tiña, (bis)
agora que estou casado,
pagoume cunha galiña,
pagoume cunha galiña,
ailalelo, ailalalo!
Para vir a xunta min…
Túa nai e mais a miña
quedan no río berrando, (bis)
por culpa dunha galiña,
que ten amores cun galo,
que ten amores cun galo,
ailalelo, ailalalo.
Para vir a xunta min…
Eu queríame casare,
miña nai non teño roupa, (bis)
casa, miña filla, casa,
que unha perna tapa a outra. (bis)
Para vir a xunta min…
Eu queríame casare,
miña nai dime que é cedo, (bis)
ela como está casada,
non sabe as ganas que eu teño. (bis)
Para vir a xunta min…