nova-rebolaxe/letras/o-galo.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

741 B

+++ title = "O galo" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++

O galo

O galo cando canta é día,
é día, é día;
o galo cando canta é día,
imos de baranda,
imos todo o día.

E como somos os gaiteiros,
gaiteiros, gaiteiros.
E como somos os gaiteiros
imos de baranda, imos os primeiros

E como somos da ribeira,
ribeira, ribeira;
e como somos da ribeira
imos de baranda
a semana enteira.

E como somos da orquesta, orquesta, orquesta.
E como somos da orquesta imos de baranda, imos de festa en festa.

E como somos tan gandules,
gandules,gandules;
e como somos tan gandules
vamos de baranda
de sábado a lunes.