898 B
+++ title = "O caneco" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++
O caneco
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo
si o botei fixen ben
tamén o votou Manolo,
tamén o votou Manolo (bis)
miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo.
E zúmballe ó caneco
e ó caneco zumba
e zúmballe ó caneco
e o caneco zumba zumba (bis)
Vindo dos polbos da illa
varei no medio do mare,
agora dime rapaza
cantos polvos che hei botare
cantos polvos che hei botare (bis)
vindo dos polbos da illa
varei no medio do mare.
E zúmballe o caneco…
Boteiche un polvo na saia
túa nai ben me miroue,
agora vaite queixare
á cona que te botoue
á cona que te botoue (bis),
boteiche un polvo na saia
túa nai ben me miroue.
E zúmballe o caneco…