nova-rebolaxe/letras/deixame-subir.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

1.1 KiB

+++ title = "Deixame Subir" description = "" tags = ( "rebolaxe", ) date = "22-11-2023" categories = ( "Letras", ) menu = "main" +++

Deixame Subir

Morreu miña sogra
Pariuno-la vaca
E somo-los mesmos
Que eramos na casa.

Se queres que o carro cante
Mételle o eixo no río
E despois de ben mollado
Canta como un asubío.

E déixame subir
ao cuarto da criada
E déixame subir
que non lle fago nada
morena por ti.

Morreu miña sogra
Pariuno-la vaca...

Toda a miña vida andiven
tras dunha muller mediana
E agora teño un cangallo
Que non me colle na cama.

E déixame subir...

Morreu miña sogra
Pariume unha ovella
E somos os mesmos
Xa non teño pena.

Indo por Santalla arriba
Metin un pé nunha poza
Dinlle un bico a unha vella
Pensando que era unha moza

E déixame subir...

Morreu miña sogra
Pariuno-la besta
E somos os mesmos
Xa non saio desta.

Dabaste de señorito
podes perde-lo costume
Que xa te alcuman na fonte
pouco home moito fume.

E déixame subir...