1.3 KiB
+++ title = "Apagha o candil" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++
Apagha o candil
Apagha o candil, Marica,
chus, chus,
apagha o candil
que ten moita lus,
que ten moita lus,
moita claridá,
apagha o candil
e chéghate alá.
Pasei pola túa porta
e mirei polo ferrollo,
a lara da túa nai
meteume un pau por un ollo, (bis)
ailalelo, ailalalo.
Apagha o candil...
A túa nai é chiculate,
o teu pai chiculateiro,
a túa nai lambe as cazolas,
o teu pai lambe os pucheiros, (bis)
ailalelo, ailalalo.
Apagha o candil...
Pasei pola túa porta,
pedinche auga e non ma deches;
cando pases pola miña
farei como ti fixeches. (bis)
ailalelo, ailalalo.
Apagha o candil...
Chove auga miudiña
e arrolla nos canales;
ábreme a porta, neniña,
que son aquel que ti sabes. (bis)
ailalelo, ailalalo.
Apagha o candil...
Andivécheste alabando
que eu morría por ti
e que morro non é certo pero que che quero si. (bis)
ailalelo, ailalalo.
Apagha o candil...
Sempre te andas alabando
de que teu pai é moi rico,
a riqueza de teu pai
lévalla un corvo no bico . (bis)
ailalelo, ailalalo.
Apagha o candil...