901 B
+++ title = "Aires de Montillón (xota)" description = "" tags = [ "xota", "rebolaxe", "aires", "montillón", ] date = "14-09-2021" categories = [ "Letras", "xota", ] menu = "main" +++
Aires de Montillón (xota)
No inferno hai unha festa, ole morena
que lle fan aos condenados, ailalala
O demo tócalle a ghaita, e ole morena
cos dentes arregañados, ailalala.
Mariñeiro non, que vai e non vén
un carreteiriño que carrete ben,
que carrete ben, que carrete ben,
mariñeiro non, que vai e non vén
O piollo e maila pulga, e ole morena
andan na herba a seghare, ailalala
velaí vai o gharrapato, e ole morena
derreado co xantare, ailalala.
Mariñeiro...
Xa vou da-la despedida, e ole morena,
por riba dunha peseta, ailalala
Aghora non canto máis, e ole morena,
que teño a gharghanta seca, alilalala.
Mariñeiro...