nova-rebolaxe/letras/ai-maruxiña.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

1.1 KiB

+++ title = "Ai Maruxiña" description = "" tags = [ "rebolaxe", "maruxiña", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++

Ai Maruxiña

Eu querer quéroche ben,
eu téñoche admiración
pero casarme contigo,
non mo pide o corazón,
non mo pide o corazón,
non mo pide o corazón,
eu querer quéroche ben,
eu téñoche admiración.

Ai Maruxiña,  eu ben cho dicía,
que o andar de noite é unha tolería,
 é unha tolería, é unha tolería,
ai Maruxiña, eu ben cho dicía.

Eu querer quéroche ben…

Ai Maruxiña, non é nada malo
darlle un biquiño a un namorado,
a un namorado, a un namorado,
Ai Maruxiña, non é nada malo.

Eu querer quéroche ben…

Ai Maruxiña, detrás dun valado,
dáme un biquiño que non é pecado,
que non é pecado, que non é pecado,
ai Maruxiña, detrás dun valado.

Eu querer quéroche ben…

Ai Maruxiña, detrás dun codeso,
dáme un biquiño que eu ben cho merezo,
que eu ben cho merezo que eu ben cho merezo,
ai, Maruxiña, detrás dun codeso.

Eu querer quéroche ben…