nova-rebolaxe/letras/santo-amaro.md
2023-12-04 16:59:57 +01:00

43 lines
806 B
Markdown

+++
title = "Muiñeira de Santo Amaro"
description = ""
tags = [
"rebolaxe",
]
date = "15-09-2021"
categories = [
"Letras",
]
menu = "main"
+++
# Muiñeira de Santo Amaro
Señor cura, señor cura
señor cura, señor cura
a doutrina non lla sei
pídame unhas cantiguiñas
pídame unhas cantiguiñas
que eu llas repinicarei
Moza bonita no mundo
moza bonita no mundo
non debera de nacer
porque fai como a mazá
porque fai como a mazá
todos a queren comer
Ser solteiro é boa cousa
ser solteiro é boa cousa
e ser casado tamén
deixarei pa' cando morra
deixarei pa' cando morra
pensar no que me convén
Por dicir viva san roque
por dicir viva san roque
prenderon ó meu irmán
agora que o soltaron
agora que o soltaron
viva san roque e o can