nova-rebolaxe/letras/aires-de-montillón-xota.md

43 lines
901 B
Markdown
Raw Permalink Normal View History

2023-12-04 16:59:57 +01:00
+++
title = "Aires de Montillón (xota)"
description = ""
tags = [
"xota",
"rebolaxe",
"aires",
"montillón",
]
date = "14-09-2021"
categories = [
"Letras",
"xota",
]
menu = "main"
+++
# Aires de Montillón (xota)
No inferno hai unha festa, ole morena
que lle fan aos condenados, ailalala
O demo tócalle a ghaita, e ole morena
cos dentes arregañados, ailalala.
*Mariñeiro non, que vai e non vén
un carreteiriño que carrete ben,
que carrete ben, que carrete ben,
mariñeiro non, que vai e non vén*
O piollo e maila pulga, e ole morena
andan na herba a seghare, ailalala
velaí vai o gharrapato, e ole morena
derreado co xantare, ailalala.
*Mariñeiro...*
Xa vou da-la despedida, e ole morena,
por riba dunha peseta, ailalala
Aghora non canto máis, e ole morena,
que teño a gharghanta seca, alilalala.
*Mariñeiro...*