+++ title = "Se chove" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # Se chove Ei vén o vento do mare ei vén o vento mareiro Ei vén o meu queridiño vestido de mariñeiro (bis) *Se chove, deixa chovere se orballa, deixa orballare por máis que chova e vente de ti non me hei de apartare. (bis)* Pasei pola ponte abaixo, vin saltar unha sardiña Mariñeiro, síguea ao mare e botádelle a traíña. (bis) *Se chove…* Indo polo mar abaixo perdín a miña navalla Rema, mariñeiro, rema que alá no mar me quedaba (bis) *Se chove…* O que navega de noite atropeza nos penedos E eu que ando polo día tropezo nos teus enredos. (bis)