+++ title = "Muiñeira de Oliveira" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # Muiñeira de Oliveira Teño un amor que me ama  outro que me dá diñeiro (bis) outro que me desengaña  ese é o verdadeiro. O muíño de Oliveria heino de mandar pechare (bis) con caravixas de prata  heino de acaravixare. Teño unha silva na porta,  nin me pica nin me prende,(bis) teño unha mala veciña  que sin diñeiro me vende. A perdiz anda no monte o perdigón no valado (bis) a perdiz anda dicindo  vente pra aquí namorado