+++ title = "O Sancristán de Coímbra" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # O Sancristán de Coímbra O Sancristán de Coímbra facía dez mil diabluras (bis) mollaba o pan en aceite, deixaba os santos a escuras (bis) *E bate fado, e bate ben, ti ére-la causa do meu desdén (bis)* O mar tamén ten amores, o mar tamén ten mulleres (bis) Está casado coa area, dalle bicos cantos quere. (bis) *E bate fado...* Eu quixera ser merliño e te-lo bico encarnado (bis) para face-lo meu niño no teu cabelo dourado. (bis) *E bate fado...*