+++ title = "O roubador" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # O roubador *Larai larai lalelo lelai Larai lalelo lalelo lelai Larai lalelo lalelo lelai (bis)* Roubei na casa do cura, roubei na casa do cura ai… pensei que estaba a durmire, (bis) Entrar non me foi dificil, entrar non me foi dificil ai… o carallo foi saire (bis) *Larai larai lalelo lelai…* Entrei na do señorito, entrei na do señorito ai… pensando que había fartura (bis) E pelexeime co can-e, e pelexeime co can-e ai… por unha codela dura(bis) *Larai larai lalelo lelai…* Pra roubar no cuartelillo, pra roubar no cuartelillo ai… vestinme de panadeiro (bis) E cargáronme no lombo e cargáronme no lobo ai… leña para o forno enteiro (bis) *Larai larai lalelo lelai…* Poderás dicir que si-e poderás dicir que si-e ai.. poderás dicir que non-e (bis) pero por quen estou preso pero por quen estou preso ai… e polo teu corazón-e (bis) *Larai larai lalelo lelai…(4 veces)*