+++ title = "Apagha o candil" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # Apagha o candil *Apagha o candil, Marica, chus, chus, apagha o candil que ten moita lus, que ten moita lus, moita claridá, apagha o candil e chéghate alá.* Pasei pola túa porta e mirei polo ferrollo, a lara da túa nai meteume un pau por un ollo, (bis) ailalelo, ailalalo. *Apagha o candil...* A túa nai é chiculate, o teu pai chiculateiro, a túa nai lambe as cazolas, o teu pai lambe os pucheiros, (bis) ailalelo, ailalalo. *Apagha o candil...* Pasei pola túa porta,  pedinche auga e non ma deches; cando pases pola miña farei como ti fixeches. (bis) ailalelo, ailalalo. *Apagha o candil...* Chove auga miudiña  e arrolla nos canales;  ábreme a porta, neniña,  que son aquel que ti sabes. (bis) ailalelo, ailalalo. *Apagha o candil...* Andivécheste alabando que eu morría por ti e que morro non é certo pero que che quero si. (bis) ailalelo, ailalalo. *Apagha o candil...* Sempre te andas alabando de que teu pai é moi rico, a riqueza de teu pai lévalla un corvo no bico . (bis) ailalelo, ailalalo. *Apagha o candil...*