+++ title = "Ai Maruxiña" description = "" tags = [ "rebolaxe", "maruxiña", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # Ai Maruxiña *Eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración pero casarme contigo, non mo pide o corazón, non mo pide o corazón, non mo pide o corazón, eu querer quéroche ben, eu téñoche admiración.* Ai Maruxiña,  eu ben cho dicía, que o andar de noite é unha tolería,  é unha tolería, é unha tolería, ai Maruxiña, eu ben cho dicía. *Eu querer quéroche ben…* Ai Maruxiña, non é nada malo darlle un biquiño a un namorado, a un namorado, a un namorado, Ai Maruxiña, non é nada malo. *Eu querer quéroche ben…* Ai Maruxiña, detrás dun valado, dáme un biquiño que non é pecado, que non é pecado, que non é pecado, ai Maruxiña, detrás dun valado. *Eu querer quéroche ben…* Ai Maruxiña, detrás dun codeso, dáme un biquiño que eu ben cho merezo, que eu ben cho merezo que eu ben cho merezo, ai, Maruxiña, detrás dun codeso. *Eu querer quéroche ben…*