+++ title = "A Rianxeira" description = "" tags = [ "rebolaxe", ] date = "15-09-2021" categories = [ "Letras", ] menu = "main" +++ # A Rianxeira *Ondiñas veñen, ondiñas veñen, ondiñas veñen e van. Non te vaias rianxeira  que te vas a marear.* A Virxe de Guadalupe cando vai pola ribeira, (bis) descalciña pola area, parece unha rianxeira. (bis) *Ondiñas veñen...* A Virxe de Guadalupe cando veu para Rianxo (bis) a barquiña que a leva era de pau de laranxo. (bis) *Ondiñas veñen...* A Virxe de Guadalupe quen te puxo moreniña (bis) foi un raíño de sol que entrou pola ventaniña (bis) *Ondiñas veñen...*