nova-rebolaxe/letras/aires-de-montillón-muiñeira.md

48 lines
1.2 KiB
Markdown
Raw Permalink Normal View History

2023-12-04 16:59:57 +01:00
+++
title = "Aires de Montillón (muiñeira)"
description = ""
tags = [
"muiñeira",
"molinera",
"rebolaxe",
"aires",
"montillón",
]
date = "14-09-2021"
categories = [
"Letras",
"muiñeira",
]
menu = "main"
+++
# Aires de Montillón (muiñeira)
Montillón para cantare, (2bis)
e anque non canta moi alto, sábenno adoneirare.
Ai lalá lalalalala, sábeno adoneirare.
Señor Santo San Benito,
vestidiño de marelo, (bis)
no lughar de Montillón, non hai mellor caballero.
Ai lalá lalalalala, non hai mellor caballero.
Eu cantar non canto benhe,
a ghracia teño moi pouca, (bis)
quedoume no lavadoiro, cando fun lava-la roupa.
Ai lalá lalalalala, cando fun lava-la roupa.
Minha soghra aforradora
Do que non pode ghastare, Bis
e aínda ten un unto enteiro, dun porco que ha de matare.
Ai lalá lalalalala, dun porco que ha de matare.
Manueliño, meu amore, (2bis)
estudiaches para cura, e saliches capadore,
Ai lalá lalalalala, e saliches capadore.
Xa vou da-la despedida,
por riba dunha peseta, (bis)
aghora non canto máise, que teño a gharghanta seca.
Ai lalá lalalalala, que teño a gharghanta seca.